
O Concello de San Xoán de Río conmemora o 25N e invita á cidadanía a sumarse ao actos conmemorativos que se desenvolverán nos vindeiros días. “A violencia de xénero é recoñecida a nivel mundial como a maior violación dos Dereitos Humanos, e o Concello fai un chamamento á participación activa para mostrar o rexeitamento unánime e o compromiso coa igualdade”, din dende esta administración local.
A programación deseñada polo Concello de San Xoán de Río comezará o luns 24 de novembro co obradoiro de empoderamento “Conséndome a min mesma” , a cargo de Geanina Lascu, que terá lugar ás 16:00 horas na Casiña Azul. É imprescindible inscribirse previamente chamando ao 679 10 45 15.
Os actos centrais serán o martes 25 de novembro, iniciándose ás 11:00 horas na Casa do Concello coa solemne Lectura do Manifesto, un acto clave de condena á violencia de xénero. Posteriormente, ás 11:30 horas, a xornada continúa coa visita á Exposición na Casiña Azul , elaborada polas Mulleres de Río e finalizando co convite a un café ás 12:00 horas.
Con estas actividades , o Concello de San Xoán de Río invita á cidadanía a unirse e mostrar un firme rexeitamento a esta lacra social, traballando xuntos e xuntas por un futuro sen medo nin discriminación.