Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Rogaining “unha aventura en equipo entre as cinzas do tempo”, o 24 de outubro nas terras do Bolo

A proba de orientación comezará ás 10:30 horas no pavillón deportivo do Bolo

A orientación volve ás terras do Bolo pero cun novo formato. O vindeiro sábado 24 de setembro, celebrarase unha proba de Rogaining “aventura en equipo entre as cinzas do tempo” organizada polo club Our-O e o Concello, de 3 horas para as categorías oficiais e de 2 horas para a categoría Júnior e Open (non federados), con saída ás 10:30 horas dende o pavillón polideportivo do Bolo.

 

 

Tal como explican dende a organización, non se trata dunha carreira normal. “Consiste en conseguir o maior número de puntos posibles buscando balizas polo mapa nun tempo determinado, pero indo ao noso ritmo, en equipo e elixindo nós mesmos a estratexia”, para o cal haberá tramos para correr, trotar, camiñar charlando e, sobre todo, “para perderse un pouco e rirse bastante”.

As inscricións, abertas ata o 18 de outubro, poden facerse a través da Federación Galega de Orientación, Fegado.

 

Back to top button