ConcellosÚltima hora

Romaría da Saínza, “unha celebración que mantén viva a historia do territorio de xeración en xeración”

 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor reafirma, en Rairiz de Veiga, o “compromiso da institución co patrimonio cultural e a identidade da provincia na Romaría da Saínza”. Esta cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, constitúe un dos eventos máis destacados do calendario festivo da comarca da Limia que contribúe a dinamizar o territorio no comezo do outono.

A Romaría da Saínza representa a historia viva da provincia e atrae anualmente a miles de visitantes. Dende 1840, este “campo de batalla pacífico” acolle a representación senlleira do combate entre mouros e cristiáns, unha tradición arraigada que define e sitúa a Rairiz de Veiga no mapa cultural de Galicia.

 

 

A principal novidade desta edición é a recuperación do combate infantil, unha medida clave para asegurar a continuidade e a preservación deste patrimonio inmaterial. A través desta iniciativa, os máis pequenos vístense cos traxes tradicionais, aprenden os versos e encárganse de tomar o relevo histórico no campo de representación.

O presidente da Deputación puxo en valor a implicación da veciñanza na transmisión cultural e o apoio da institución provincial co medio rural, a cultura tradicional e a todas aquelas iniciativas que xeran comunidade e reforzan o orgullo de pertenza.

Back to top button