A celebración da tradicional Romaría da Tuíza reunía a multitude de persoas no derradeiro domingo de setembro no santuario do mesmo nome, no municipio de Lubián (Zamora), lindeiro coa provincia de Ourense.
O programa festivo iniciábase ás 11h. coa misa rezada no santuario e tiña un dos momentos centrais coa misa maior ás 13h., precedida pola procesión coa imaxe da Virxe da Virxe das Neves, acompañada pola Banda de gaitas As Portelas, que interpretaba marchas procesionais.
Despois daba paso á misa, presidida polo bispo de Astorga, monseñor Jesús Fernández, e cantada pola Coral Polifónica Candea de Viana do Bolo.
O programa da romaría continuaba pola tarde coa actuación da orquestra La Ocaband, que facía cantar e bailar aos asistentes.
Fotos: O SIL.