Contra o escurecer da tarde do Martes de Entroido poñíase en marcha en Pentes (A Gudiña) a comitiva. Comezaba a tradicional ronda do Entrudio, un boneco que desta volta levaba a face de Trump e unha perruca loira, acompañado pola veciñanza, o Farrampón, un Boteiro e a música.

Casa por casa ían saudando aos veciños, especialmente emocionados por esta visita entrodeira, e recollendo aguinaldos que, horas despois, compartíanse nunha cea preparada polas mulleres na Casa do Pobo. Despois tiña lugar a queima do Entrudio nunha fogueira, simbolizando a fin da festa.
Fotos cedidas.
