O toque dos bombos e gadañas do fulión da Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso envolvía na mañá neste Domingo de Pascua cada recuncho da vila. A partir das 11h. a Asociación Xuntos polo Fulión iniciaba na praza unha ronda, precedida polas carreiras e as danzas dos Boteiros, que tras percorrer a localidade continuaba ata a ponte sobre o río Cenza, nas proximidades da área recreativa, e concluía no interior do pavillón municipal.

Esta ronda servía como limiar da representación da fuliada, que, tras unha paréntese de dez anos, volvía a celebrarse en Vilariño de Conso.
Fotos: A.R.
Vídeos: Cedido/ O SIL.







