ConcellosEntroido 2025TrivesÚltima horaVídeosVilariño de Conso

Ronda do Fulión Os Labregos por Vilariño de Conso

 

O toque dos bombos, aixadas e gadañas dos Labregos enchía da forza do Entroido Vilariño de Conso nesta tarde. Este fulión trivés realizaba unha vista a esta vila e, antes de tocar, como manda a tradición. Solicitaba en verso o permiso da localidade visitada para poder dar a ronda.

Ángel, rodeado por dous Boteiros, en representación dos Labregos, era quen formulaba a solicitude. “Un ano máis, aquí vimos,/ visitarvos co fulión./ Por fin vai vindo o Entroido,/ xa nos estaba tardando,/ e é que levamos un ano,/ que o estamos agardando./ A mellor festa do ano,/ ningunha é coma esta,/ por moito baile que haxa/ ou teña a mellor orquestra./ As visitas entre os pobos,/ para tocar o fulión,/ son o mellor do Entroido/ porque crean moita unión“. Na súa intervención, tamén agradecía a acollida de Vilariño e convidaba ao seu folión a tocar na xuntanza que terá lugar en Trives o vindeiro 23 de febreiro.

Vídeo petición de permiso

Finalmente, concluía coa petición de permiso: “Queremos pedir permiso para empezar,/ que a xente está preparada e ten ganas de tocar./ Así que xa nada máis,/ que teñamos sempre unión/ e nos sigamos xuntando para tocar o fulión“.

 

 

En nome dos veciños de Vilariño, Marcos, concedía, tamén en verso, ese permiso: “Boas tardes teñades todos/ amigos e veciños/ sede ven recibidos,/ neste pobo de Vilariño./Xa son moitos anos desta bonita unión,/ desfrutamos moito, desta bonita tradición,/ xa tedes o permiso para neste pobo tocar,/ para beber un pouco viño/ ou para o que poidades necesitar./ Que non se perdan as tradicións/ das visita de cortesía/ dos versos e das rimas/ e da alegría deste día”.

Vídeo da resposta de Vilariño

A partir de aí, os Boteiros facían soar as chocas e cobraba vida a explosión sonora do fulión que percorría a vila.

Imaxes cedidas.

Vídeo de Os Labregos tocando

Artigos relacionados

Back to top button