ConcellosEntroido 2026Galerías de fotosÚltima horaViana do BoloVídeos

Rondas, brindes e disputas da antiga Comparsa de Viana do Bolo en San Mamede e Pradocabalos

 

A antiga Comparsa das aldeas de Viana do Bolo retaba neste sábado 7 de febreiro ao frío e á chuvia para cumprir co seu ritual de visitas neste Entrudio. Pola mañá achegábase ata San Mamede e pola tarde ata Pradocabalos.

 

A Comparsa en San Mamede (Viana do Bolo)./ Cedida.

 

En ambas aldeas, o ritual compezaba coa ronda da comitiva dos membros da Comparsa, encabezada polos de Esquilas, o director e os músicos, pola localidade. Despois dábase paso á representación propiamente dita que, desta volta non era nun prado, senón á cuberto, nos baixos de dúas casas.

 

 

 

Boas tardes a este pueblo/ e a este público aquí presente/ esta Comparsa vai actuar/ de diante de toda esta xente“, dicía o Director dando comezo aos versos. Logo seguían os brindes, onde ía adicando pezas a algunha das persoas presentes, que eran sacadas a bailar pola Señorita. Entre elas non faltaba unha ao Periódico O SIL. “A famosa canción do Luar/ era apagar o candil,/ non hai homes gravando/ como este do Periódico O SIL”.

A continuación comezaban as disputas, onde se facía un repaso, en clave satírica, por cuestións de actualidade no último ano como a supresión das paradas do AVE na Gudiña, a corrupción política, a inmigración, a situación da mocidade e, por suposto, os eólicos, o abandono do rural, ou os devastadores incendios do pasado verán na provincia, ademais das súas consecuencias.

 

 

Tampouco faltaba a tradicional disputa entre a Señorita e os de Esquilas. A representación concluía con versos de despedida e coa orde do Director aos membros da Comparsa para que descubriran os seus rostros. Despois, facíase unha ronda ata a Casa do Pobo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Ampliarase galería fotográfica.

Vídeos: O SIL.

 

Back to top button