
Outro dos momentos especiais da gala de graduación que celebraba o 14 de maio o IES Martaguisela do Barco, coa presenza de alumnado, docentes e familiares, era unha pequena homenaxe aos profesores Rose Deus, de inglés, e Manuel Barreiro, de matemáticas que se xubilarán ao finalizar este curso e que levan varias décadas vinculados ao centro.
“Grandes profesionais e excelentes persoas, forman parte, como dixo Rose, da familia do Martaguisela, ensinando nas súas materias e aportando, sempre afectuosos, iniciativas para a convivencia, sendo motor de moitas celebracións”, dicían dende o IES Martaguisela con agradecemento.