En portadaÚltima horaVídeos

Rotunda vitoria do K-2 sénior dos barquenses Adrián e Raúl Prada no LVII Descenso do Sil

En segunda posición entraba o K-2 do tamén barquense Jesús Rodríguez e do asturiano Miguel Fernández

 

A primeira embarcación en chegar á liña de meta neste LVII Descenso do Sil-Memorial Julián Trincado Settier era o K-2 sénior formado polos irmáns barquenses Adrián e Raúl Prada Pérez do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro. Lograban sacarlle unha considerable vantaxe á segunda embarcación desta mesma categoría, a do tamén barquense Jesús Rodríguez xunto ao asturiano Miguel Fernández do Club Fuvial Barco.

 

 

Esta é xa a segunda ocasión na que Adrián Prada, que vén de competir no mundial de maratón, lograba convertirse en ganador do Descenso do Sil, tras a vitoria, tamén sobre Jesús Rodríguez, pero en K-1 sénior do ano 2022, tamén daquela con notable vantaxe. Pero si é a primeira vez na que a vitoria é compartida entre os dous irmáns que esta tempada xa teñen competido noutras probas nesta mesma categoría.

A terceira posición en K-2 sénior correspondíalle a Martín López e Borja López (Club Náutico Firrete). Tamén na proba de K-2 competían os valdeorreses Sergio Ruiz e Francisco Gómez (Fluvial Barco) e compañeiros de club dos barquenses ganadores, Joaquín Iglesias e Adrián Pazos (Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro).

 

 

Ver vídeo

 

Despois entraban os K-1 sénior, sendo o ganador Antonio Jorge Rey do Náutico Firrete, seguido de Sergio Pereda (Club Deportivo Amigos del Remo) e de Miguel Ángel Pérez (Club de Piragüismo Cambados)

As diferentes categoría desta proba, que nesta edición contaba cuns 230 padexeiros inscritos e 176 embarcacións, comezaban a saír ás 18h. baixo a ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Dende alí completaba un traxecto duns 7 km, con tramos especialmente concorrido polo público como o Cachón, que concluía na praia fluvial do Malecón, onde se situaba a meta.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

En breve ampliarase información.

 

 

Vídeo cedido por Ángel.

Back to top button