
Tralo cambio de parroquias do sacerdote Daniel Pérez Quintela, actualmente á fronte das da Rúa e Petín, as que levaba (o municipio de Rubiá e varias localidades do de Vilamartín de Valdeorras) quedaban repartidas de forma provisional entre varios sacerdotes da contorna, entre eles o do Barco Jesús Álvarez, que se facía cargo da parroquia de Rubiá.
Nove meses despois, o Bispado de Astorga nomeaba ao reverendo José Gregorio Contreras Vaca como Administrador parroquial da Portela de Córgomo (Baxeles), A Veiga de Cascallá, Biobra, Córgomo, Covas, Forcadela (Nogaledo), O Barrio de Cascallá e O Castelo, O Porto e O Real, O Robledo da Lastra, Oulego, Rubiá (O Val e Trambasaugas), San Vicente de Leira e Vilanova de Valdeorras.