En portadaÚltima horaVídeos

Rueda achégase á vendima valdeorresa e visita un dos viñedos da Cooperativa Jesús Nazareno do Barco

 

Ata un viñedo da zona das Gulpilleiras no Barco, no que se está a realizar a vendima, achegábase esta mañá o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Esta viña é unha das viñas dos socios da Bodega Cooperativa Jesús Nazareno-Vinos Barco, unha das de referencia da Denominación de Orixe Valdeorras.

O titular do Goberno galego estaba acompañado polo presidente da cooperativa, José Manuel Delgado, así como por outras autoridades como o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; o delegado da Xunta na provincia, Manuel Pardo; ou o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, entre outras.

Rueda comenta que as denominacións de orixe galegas están en plena vendima e agradecía a acollida do viticultor propietario da parcela visitada, Ángel, que é terceira xeración nesta actividade.

 

 

O subdelegado indicou que as catro D.O. da provincia de Ourense xa teñen a vendima en marcha. “Unha vendima que promete ser de moitísima calidade e abundante, pois segundo as previsións recolleranse uns oito millóns de kilos en Valdeorras”, sinalou. Eladio Santos animou ao sector a continuar a aposta polos produtos de calidade e pola internacionalización.

Posteriormente realizábase unha visita ás instalacións da adega cooperativa, situadas na rúa Florencio Delgado Gurrarián, no barrio de San Roque.

Fotos e vídeos: O SIL.

Back to top button