OurenseÚltima horaVídeos

Rueda: “Pedimos a necesidade de que mobilice as Forzas Armadas para colaborar co servizo de extinción”

Así llo solicitaba o presidente da Xunta ao presidente do Goberno na visita que realizaba, co ministro de Interior, ao CECOP de Ourense. "Necesitamos axuda de forma urxente", insistía

 

No sexto día no que a provincia de Ourense está en Situación 2 por mor dos incendios que afectan á comunidade, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez realizaba unha visita ao Centro de Coordinación Provincial de loita contra incendios de Ourense (CECOP) para facer o seguimento da situación dos incendios forestais, acompañado, entre outras autoridades polo presidente da Xunta.

Tras a reunión cos técnicos, tiña lugar unha comparecencia pública na que Rueda xa adiantaba que “o de hoxe vai ser outro día complicado, non podemos baixar a garda, as previsións de temperaturas e evolución de ventos, de todo o que complica a extinción de incendios e incluso favorece que apareza, sigue, entón tócanos traballar moi duramente”. Tamén agradecía a visita de Pedro Sánchez, que xunto co ministro de Interior, para coñecer “de primeira man a situación, as evolucións e sensacións das persoas que levan moitos días aquí, traballando coordinadamente e representantes tamén de todas as administracións, dende o martes”.

 

 

O presidente da Xunta referíase a situacións vividas moi complicadas con respecto a evacuacións, confinamentos, situacións de perigo. E incidía en que tanto presidente do Goberno como o ministro puideron coñecer de primeira man a situación día de hoxe e a evolución prevista para os próximos días. “A día de hoxe temos 12 fogos activos, todos na provincia de Ourense. Seguen producíndose situacións de perigo para as vivendas, de aí a necesidade de seguir facendo evacuacións e confinamentos. O importante e o fundamental antes que calquera extinción é a seguridade das persoas e, polo tanto, que sigan tendo a convicción de cando se decreta un confinamento ou un desaloxo é porque é necesario”.

Tamén comentaba que o fume dos últimos días, “tamén ten dificultado a actuación dos medios aéreos e conforme ten avanzado a mañá, estes medios puideron ir traballando, pero este ten iso outro dos inconvintes para a extinción do que temos ido advertindo nos últimos días, sobre todo, conforme se fixo acumulando o fume dos incendios que levan toda a semana”.

 

 

Tamén daba datos. Rueda concretaba que “a día de hoxe, os medios despregados son máis de 3.000 profesionais do Servizo de Prevención de Defensa contra incendios forestais, máis de 300 bombeiros dos diferentes parques profesionais que existen en Galicia, dos GES, de Protección Civil… na provincia de Ourense, 343 de persoal de extinción de brigadas municipais, 380 motobombas, 36 bulldozers, 10 batracios de extinción, 32 medios aéreos. A isto únense os efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade, Policía Nacional, UME, aos que aproveito para dar as grazas polo seu traballo, xunto co persoal da Xunta de Glalicia, dos concellos e das deputacións, especialmente da de Ourense”.

Reunión con Sánchez e con Grande Marlaska

Así mesmo Rueda explicaba que na reunión mantida co presidente do Goberno e co ministro de Interior falouse das necesidades “que lles trasladamos. Eu díxenlle que a actitude da Xunta de Galicia durante toda esta semana foi dunha mentalidade práctica e de coordinación e queremos que continúe mentres esta complicadísima situación continúe tamén. Iso obríganos a facer plantexamentos realistas, dende un punto de vista práctico e de material e de dispoñibilidades imprescindibles. Volvinlle trasladar ao presidente e ao ministro, o que xa coñecía, trasladámosllas por escrito, as necesidades que, á xuízo dos técnicos (o persoal do CECOP), a Xunta precisa con Urxencia”.

 

 

En concreto, Rueda apuntaba que lle trasladamos ao presidente do Goberno “a necesidade de que se mobilice as Forzas Armadas para colaborar co servizo de extinción por exemplo no manexo de zanxas, entre outras, na cidade de Pontevedra hai unha unidade do exército moi potente, moi profesional e creo que nestes momentos podería facer un labor fundamental. Entón as Forzas Armadas, a maiores dos efectivos da UME, poderían facer un labor fundamental, a parte do material que pedimos e que seguimos necesitando con urxencia. Eu espero, despois desta reunión, que isto se poida levar a cabo canto antes porque tanto o presidente como o ministro puideron coñecer as urxencias, a situación, que hora a hora vai cambiando, e ás veces para peor”. Nese senso, incidía en que agora “toca apagar os incendios e garantir a seguridade das persoas”.

 

 

 

Se ben o presidente da Xunta comentaba así mesmo que tamén se abordou “que facer cando os lumes sexan xa un triste recordo, cando estean extinguidos, que é axudar á xente que perdeu as súas propiedades, os seus cultivos, as súas industrias, os seus bens no incendio e necesitan ser axudados”. E anunciaba que as ordes de axudas estarán listas o antes posible e se tratará de que “esas ordes sexan o máis áxiles de xestionar en canto ao abono de cantidades e axudas que procedan. Tamén lle pedín ao presidente do Goberno que haxa esa mesma celeridade nas axudas do Goberno central”.

Así mesmo, abordábase no encontro “a necesidade de seguir intensificando, investigando e profundizando na detención das persoas que nestes días están provocando lumes nos momentos e lugares onde máis dano poden facer e poñendo en perigo zonas habitadas, propiedades e vidas”. E neste senso, agradecía o labor Garda Civil, Policía Nacional, a Unidade Adscrita da Policía Autonómica, das unidades de investigación que teñen os servizos de extinción da Xunta.

Tamén comentamos “as causas de por que estes incendio son tan dañinos, de quinta xeración, que producen esas correntes e eses efectos explosivos e complícano todo moitísimo máis. E aquí estamos traballando xa para combater os efectos do cambio climático”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button