Nun pequeno colado partía a ruta de ascenso ao Teleno que realizaba a Asociación Huellas de Cabrera nesta fin de semana. Así saían o sábado en dirección á estrada de Corporales, uns 700 metros e logo tomaban un sendeiro á esquerda seguindo por unha senda ancha verde e tras rematar esta senda, comeza un tramo complicado, mentres ven o seu obxectivo: o Teleno.
Neste traxecto tamén pisan neve, e no último repeito subindo para o Teleno xa chegan a neve dura da cara norte. Este monte acada os (2.188 m) e ofrece unhas espectaculares vistas xa que dá para dous cordais: un cara Trevinca e montes Aquilianos e outro cara a Maragatería, Picos de Europa e Babia.

Os membros de Huellas de Cabrera detíñanse brevemente no cume e, despois, retrocedían sobre os seus pasos e, de volta, subían o pico Sestil, e, tras unha parada para xantar nunha parede, e continuaban descendendo ata o colado pequeno e logo ao colado grande ata chegar ao punto onde deixaban os seus vehículos.
“É unha ruta moi fermosa e fixémola nun día espectacular, se ben o vento foi o punto negativo, facía moito, pero aínda así as vistas eran impresionantes con moita neve”, destacan os participantes.
Fotos cedidas.
