OurenseÚltima hora

Sacardebois celebra o seu magosto, o máis antigo e enxebre do municipio de Parada de Sil

 

Alta participación no Magosto de Sacardebois, o mais antiguo e enxebre do concello de Parada de Sil, que se celebraba na tarde do sábado 7 de novembro. Esta celebración estaba organizada pola comisión de festas e contaba coa colaboración da AA.VV presidida por Yolanda González. “A veciñanza implicase moito en seguir desfrutando desta festa e ofreciendo os visitantes o vino das adegas de pequeños adegueiros e chorizo para todos gratis”, destacan dende o Concello de Parada de Sil, presente no magosto a través do seu alcalde, Aquilino Domínguez, e do seu concelleiro de Cultura, Paco Magide.

A preparación da cita comez coa previa localización da leña para realizar unha enorme fogata que quenta o ambiente e da que se sacan brasas para asar as castañas no cacho co experto Amadeo. A leña traina Castor, un vecino de Forcas, no seu tractor o que amosa a estreita relación da Ribeira e montaña no concello.

A celebración, na que se degustaban castañas asadas, chourizos e viños; estaba amenizada polo trío Rever, que interpretaba moitas pezas que animaban ao baile a aos asistente. Os organizadores agradecen a imprescindible colaboración veciñal, así como a do Concello.

Fotos cedidas.

Back to top button