EconomíaEconomíaÚltima hora

Sae a licitación a explotación de 4 barras de durante as Festas do Cristo do Barco

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Neste 9 de xullo vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria da licitación en concorrencia competitiva, da explotación de catro barras de bar, de 5×3 metros, durante as Festas do Cristo 2026, coincidindo cos concertos e actuacións das orquestras os días 11, 12, 13 e 14 de setembro de 2026, tal e como fai público o Concello do Barco.

“As barras outorgaranse en base a un único criterio de valoración que será o canon unitario. A estes efectos, o canon unitario mínimo, que servirá como tipo de licitación, establécese no importe de 2.000 euros para cada unha das barras”, segundo o Concello do Barco.

Ademais, cada licitador poderá optar como máximo a 2 barras. O prazo de presentación será de 7 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, rematando o día 16 de xullo ás 14h.

As proposicións presentaranse en formato papel e de modo manual no Rexistro Xeral do Concello do Barco de Valdeorras, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, nos termos establecidos na cláusula 8ª.2ª das bases.

As persoas interesadas no presente procedemento poderán consultar as bases no taboleiro de anuncios da sede electrónica (https://sede.concellodobarco.gal/board) e solicitar información no correo electrónico (cultura@concellodobarco.org) ou telefónicamente no número 988320053.

 

Back to top button