Dende o Castelo de Arnado (Vilamartín) partía ás 21:30h. deste sábado 6 de xuño a II Andaina da Santa Compaña. Esta ruta nocturna e temática, cun percorrido de 10,5 km, contaba cuns 170 inscritos.
O seu percorrido continúa ata Correxais e, dende alí, regresará ao punto de partida, onde haberá unha festa con petiscos e viños de Valdeorras para os andaríns e, de seguro, algunha outra sorpresa. O trazado discorre por unha ruta homologada pola Federacion Galega de Montañismo.

Esta actividade está organizada polo Concello e Vilamartín de Valdeorras en colaboración con Rutas Xanzá. No seu desenvolvemento contábase coa colaboración das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Vilamartin, A Rúa, O Bolo, Trives, Manzaneda e O Barco.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

