ConcellosO BarcoÚltima hora

Saída de vía en Vilanova, no concello do Barco

 

Na mañá deste luns 4 de maio producíase un accidente de tráfico no concello do Barco de Valdeorras no que, segundo informan dende o 112 Galicia, unicamente se vía implicado un vehículo.

A saída de vía tiña lugar pouco antes das 12 horas en Soutelo (Vilanova), quedando o coche envorcado e cos ocupantes “non sabemos se só un ou os dous”, feridos, din dende o 112 que recibían o aviso dun particular, avisando a Urxencias Sanitarias, Policía Local, GES de Valdeorras, Bombeiros do parque comarcal e Protección Civil.

Back to top button