En portadaÚltima hora

Saída de vía na estrada de Soulecín ao Barco de Valdeorras

 

Na mañá deste martes 9 de decembro producíase un accidente de tráfico no Barco de Valdeorras no que se vía implicado un único vehículo. As saída de vía producíase na estrada de Soulecín ao Barco, sendo o propio condutor e único ocupante, quen avisaba aos servizos de emerxencia. Ata o lugar dos feitos acudía o GES Valdeorras, a Policía Local do Barco e a Garda Civil.

Dende os servizos de emerxencia alertan do perigosa que é esa estrada que non conta con ningún tipo de protección, concretamente o tramo no que se saía o coche que caía por un desnivel. Tamén indican que había manchas de aceite por toda a estrada. “Algún vehículo debeu ir perdendo aceite sen darse conta”, aseguran, adiantando que o condutor acudía polos seus propios medios ata o Hospital Público Valdeorras para a súa valoración.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button