No mediodía deste xoves 4 de setembro producíase un accidente de tráfico na N-120, no PK 456 na Proba, no termo municipal do Barco de Valdeorras, no que se vía implicado un único vehículo.
Segundo o aviso da Garda Civil de Tráfico que se atopaba no punto xunto a unha ambulancia “a saída de vía producíase arredor da 12:50 horas e había unha persoa atrapada, polo que dende aquí tamén se informaba aos bombeiros así como á Policía Local do Barco e a Protección Civil”, indican dende o 112 Galicia.