A VeigaConcellosÚltima hora

Saída de vía na OU-0804, en Carracedo (A Veiga)

 

Nova saída de vía, nesta ocasión no concello da Veiga. Na mañá deste luns 14 de setembro producíase un accidente de tráfico no que se vía implicado un único vehículo. Tal como indican dende o 112, a saída producíase arredor das 13:10 horas no PK 7,5 da OU-0804, en Carracedo.

Segundo explican dende o GES da Veiga, os primeiros en chegar ao punto, trátase “dun todoterreo que circulaba polo carril de incorporación e por unha distracción pegaba co gardarraíl e envorcaba quedando de lado, co cal dificultaba a excarceración”, din, destacando que “un gandeiro que pasaba polo punto co tractor era quen incorporaba o vehículo para poder sacar aos ocupantes”.

Ata o lugar do sinistro tamén acudía a ambulancia do 061 que trasladaba ás dúas persoas maiores ata o HPV “para a súa observación”, indican dende o GES, explicando que o gandeiro ofreceuse para apartar o vehículo da calzada e garantir a circulación. “Por sorte non houbo feridos graves e todo quedou nun susto”, aseguran.

Tamén acudía a Garda Civil de Tráfico, estando avisados os bombeiros que finalmente non acudían ao non ser necesario excarcerar aos ocupantes.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button