
Na tarde deste xoves 7 de agosto producíase un accidente de tráfico na OU 533, entre os puntos quilométricos 44 e 45, ao seu paso por Portomourisco (Petín) no que se via implicado un único vehículo que se saía da vía pouco antes das 20 horas.
Tal como informan dende o 112 Galicia, foi pouca cousa e solicitaban unha ambulancia para unha persoa “que tiña dor de ombreiro, nada máis”.