A RúaConcellosÚltima hora

Saída de vía na OU-603, entre A Rúa e Vilamartín de Valdeorras

Na tarde deste domingo 6 de setembro producíase un accidente de tráfico no que se vía implicado un único vehículo.

Tal como informan dende os servizos de emerxencia, a saída de vía producíase arredor das 15 horas na OU-603 á altura do PK 3, entre A Rúa e Vilamartín de Valdeorras, sen feridos.

Ata o lugar acudían bombeiros do parque comarcal, voluntarios de Protección Civil da Rúa, Urxencias Sanitarias 061 e Garda Civil de Tráfico.

Fotos cedidas.

Back to top button