ConcellosO BoloÚltima hora

Saída de vía sen feridos na OU 533 ao seu pado por Vilaseco, no concello do Bolo

 

Na mañá deste venres 23 de xaneiro producíase un accidente de tráfico no concello do Bolo no que se via implicado un único vehículo.

A saída de vía, por causas que se descoñecen, producíase arredor das sete menos dez da mañá no PK 36 da OU 533 ao seu paso por Vilaseco e o vehículo quedaba encaixado na cuneta sen que se producise ningún ferido, tal como indican dende o 112 Galicia, informando de que ata o lugar acudía a Garda Civil de Tráfico e Servizo de Mantemento de Estradas.

 

Back to top button