ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Saída do Cristo xacente nunha brevísima procesión do Santo Cristo no Barco

 

A intensa chuvia que caía nesta tarde de Venres Santo do Barco impedía a saída da tradicional procesión do Santo Enterro pola vila cun longo percorrido que sae da igrexa de San Mauro e, tras chegar á estación de ferrocarril, inicia o camiño de regreso ao templo.

Nesta ocasión só saía, e ben protexida fronte á chuvia, o paso do Cristo xacente, que facía un breve traxecto pola praza de San Mauro para logo voltar á igrexa. Deseguido, o párroco do Barco, Jesús Álvarez, explicaba que se sacaba, aínda que de forma moi rápida, esta imaxe porque na próxima Semana Santa vai haber cambios nela.

Deseguido, e tras rezar un nosopai, o párroco daba a bendición rematando así este breve acto relixioso.

 

 

Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button