Ás 13:30 horas deste mércores 10 de setembro saía dende a rúa Conde Fenosa do Barco de Valdeorras a 17 etapa de La Vuelta 25. Facíao tralo corte de cinta por parte das autoridades presentes, entre elas o director de Turismo de Galicia Xosé Manuel Merelles e o director da carreira Javier Guillén, e entre o estrondo de berro e pitidos pro palestina dun numeroso grupo de manifestantes no punto de saída.
A partir de aí e tralo tramo urbano neutralizado ao longo da travesía, os 154 ciclistas que continúan a carreira (retiráronse 30 ata o momento) dos 23 equipos participantes nesta edición, collían rumbo á N-120 para iniciar a carreira oficial ata a meta no Alto do Morredero, na veciña Ponferrada (León) prevista para as 17:10 horas.
Na cabeza da clasificación xeral continúa o danés Jonas Vingegaard, sendo Carlos Canal (Team Movistar) de Xinzo de Limia o único representante galego nesta ronda.
Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeos: Mónica G. Bellever e cedidos