Sobre “O Barco e a súa importancia na eclipse de 1912” falaba este mediodía no Barco o físico e investigador Salvador Bará, da Universidade de Santiago de Compostela. Impartía unha conferencia no marco das actividades divulgativas promovidas polo Concello do Barco con motivo da eclipse de sol total que terá lugar nesta mesma tarde de 12 de agosto.
Numerosas persoas de todas as idades asistían a esta charla, que se desenvolvía no Paseo do Malecón. Bará era presentado polo alcalde do Barco, Aurentino Alonso, quen lembraba que el foi un dos relatores participantes no acto do centenario da eclipse de 1912 nesta mesma vila valdeorresa.
Deseguido, Bará tomaba a palabra e comezaba explicando conceptos básicos en astronomía, entre eles, de que están feita as estrelas, para, logo, incidir na relevancia que tivo a observación do eclipse de sol de 1912, e das súas particulares, en Valdeorras.
A continuación, daba unha serie de recomendación e explicaba como vai ser o eclipse desta tarde. Co doutor Salvador Bará realizarase a visualización da eclipse dende o Mirador de Alixo, chegadas ás 19:00 e ata ás 22:00 horas.
Fotos: A.R., agás as dúas últimas da galería, que son cedidas.
