Vén de poñerse en marcha a iniciativa cidadá “Salvemos Valdeorras” para evitar que se repitan incendios devastadores como os acontecidos na comarca en 2022 e 2025 “con graves consecuencias para a natureza, a economía e a vida das persoas”.
Buscan que a veciñanza asine unha petición para “protexer os nosos montes e garantir un futuro no rural” na que demandan “un Plan de prevención de incendios en cada concello (se non o teñen); protocolos de emerxencia claros e recursos suficientes; recuperación das zonas queimadas con planificación sostible; e colaboración veciñal e apoio institucional real e efectivo”.

Tras os devastadores incendios de 2022 e 2025 en Valdeorras, con graves consecuencias ambientais, económicas e sociais, xorde unha iniciativa cidadá que “busca evitar que esta traxedia se repita. A proposta nace de varias Comunidade de Montes de Valdeorras, asociacións e veciños, xunto con outras comunidades de montes e veciñanza, e está a expandirse a diferentes concellos da comarca., xunto con outras comunidades de montes e veciñanza, e está a expandirse a diferentes concellos da comarca”, explican os promotores.
O movemento, bautizado como “Salvemos Valdeorras”, ten un obxectivo claro: “recoller o maior número posible de sinaturas para solicitar os Concellos da Comarca de Valdeorras, e as demais administración competentes a adopción de medidas urxentes e efectivas en materia de prevención, emerxencia e recuperación do monte”.
As peticions principais
A iniciativa recolle nun documento formal xa rexistrado sete puntos esenciais:
1. Elaboración e aprobación inmediata dun Plan de Prevención de Incendios Forestais en cada concello que aínda non o teña.
2. Deseño e execución de plans de prevención en cada núcleo de poboación, con cortalumes, perímetros de seguridade e control de especies pirófi tas.
3. Implantación de protocolos de emerxencia claros en cada aldea, con tomas de auga, mangueiras, accesos e medios mínimos garantidos.
4. Participación activa dos concellos nos plans provinciais, autonómicos e estatais de prevención e loita contra incendios, para acceder a recursos técnicos e fi nanceiros.
5. Protección efectiva de espazos naturais de alto valor como a Serra da Enciña da Lastra, o Macizo de Pena Trevinca, o Teixadal de Casaio ou o Macizo Central, con sistemas de vixilancia permanente e brigadas estables.
6. Desenvolvemento dun plan de recuperación sostible das zonas queimadas, adaptado á estrutura socioeconómica da comarca e aos novos escenarios climáticos.
7. Que todas as medidas sexan implementadas con colaboración veciñal real e consenso, buscando o interese xeral e a viabilidade da vida no rural.
PETICIÓN SALVEMOS VALDEORRAS2025-1
Accións en marcha
A día de hoxe a iniciativa xa está en marcha no concello de Rubiá con recollida de sinaturas en numerosos puntos do municipio.
Ademais, estánse a activar contactos en diferentes concellos da comarca e durante estes días a iniciativa poderá verse en múltiples lugares, sumando cada vez máis apoios.
Unha iniciativa apartidista
Os promotores subliñan que se trata dunha “acción cidadá, non política, cuxo único fin é protexer o territorio e garantir un futuro viable para as vindeiras xeracións no rural galego”.