O Amigo Invisible de Reis organizado polo Concello de San Xoán de Río concluía cun balance moi positivo, reunindo a veciños e veciñas de entre 9 e 74 anos nunha iniciativa que “poñía no centro a ilusión, a convivencia e a vida en comunidade”, segundo os seus promotores.
A actividade demostrou que a idade non é unha barreira cando se trata de compartir, e que no rural seguen existindo espazos onde as persoas se coñecen, participan e celebran xuntas datas sinaladas.
Desde o Concello agradécese a “alta participación” e destácase “o valor destas accións para fortalecer os lazos sociais e facer pobo”.
Fotos cedidas.
