
Primeiro día de clases na Escola de Gaitas Municipal de San Xoán de Río e tamén inaguración deste novo centro formativo de música do municipio na mañá do 28 de setembro. O acto contaba coa presenza de Xosé Lois Foxo (fundador da Real Banda de Gaitas da Deputación e da Escola Provincial de Gaitas), así como do alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.
A profesora deste curso será Ari Pérez Rodríguez, quen interpretaba nesta xornada inaugural 3 pasodobres, unha rumba e unha muiñeira.
Nesta escola as clases impartiranse os sábados pola mañá, en horario de 11h. a 12h. para os máis novos e de 12h. a 13h. para os adultos. Ademais esta formación está aberta a xente doutro concellos.
Os interesados en acudir a esta nova escola poden ampliar información ou anotarse acudindo ao Concello de San Xoán de Río (de luns a venres de 8:30h. a 14:30h.), a través do teléfono 988 346002 ou a través do correo electrónico concello@concellosanxoanderio.com.