DeportesÚltima hora

Sandra Azevedo (ArcoBarco), novena no campionato de España de arco composto

A arqueira valdeorresa Sandra Azevedo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Destacada actuación da valdeorresa Sandra Azevedo no Campionato de España de Tiro con Arco ao aire libre, celebrado nesta fin de semana no Complexo Deportivo de Cantarranas, en Madrid. Esta arqueira do ArcoBarco lograba a novena posición en arco composto.

Competía cunhas altisímas temperaturas e con medio cento de participantes na súa categoría. “Foi a mellor galega de arco composto, tendo unha brillante participación”, destacan dende o club.

Back to top button