ConcellosManzanedaÚltima hora

Sanidade Animal procede ao marcado das vacas da granxa de Palleirós (Manzaneda), afectada polo baleirado sanitario

 

Finalmente no mediodía deste 19 de marzo responsables de Sanidade Animal da Consellería do Medio Rural procedía ao marcado do gando da explotación de vacún de carne de Palleirós (Manzaneda), afecatada por un baleirado sanitario ao dar resultado positivo en tuberculose. Os responsables da granxa, seguían, desolados o proceso.

A finais da semana pasada a Consellería do Medio Rural explicaba que se “trata de permitir que os servizos públicos de sanidade animal realicen o seu traballo no marco dunha cuestión de saúde pública”. Indicaba ademais que “o sacrificio obrigatorio dos animais” desta explotación afectada determínase “tras a confirmación laboratorial da existencia de tuberculose bovina nela, co que se busca atallar o foco da enfermidade para así poder dar unha viabilidade futura á explotación afectada e protexer ás restantes explotacións libres de Galicia”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button