En portadaÚltima hora

Sanidade pon o foco na Rúa, O Barco e Verín, pero por agora non aplicará novas restricións

Imaxe do centro do Barco. Foto: A.R.

 

Polo de agora non se tomarán novas medidas, pero a Consellería de Sanidade pon o foco na situación epidemiolóxica da comarca de Valdeorras, en especial, dos concellos do Barco e da Rúa. Así se poñía de manifesto na rolda de prensa celebrada esta mañá para dar conta dos asuntos abordados na reunión do Comité Clínico de expertos que fai seguemento da pandemia do Covid-19.

O conselleiro de Sanidade, Julio García, indicaba que se lle fará unha vixilancia estreita e especial aos concellos da Rúa, O Barco e Verín, sen perder tampouco de vista á cidade de Ourense, no caso da provincia.

Nesa mesma liña se manifesta a directora xeral de Saúde Pública, a doutora Durán, indicando que “estamos facendo monitorización da comarca de Valdeorras e estamos preocupados polo Barco e pola Rúa, que seguen aumentando o número de casos, polo que faremos unha vixilancia estreita en Valdeorras. Esta mesma situación estásenos reproducindo en Verín”. Neste senso, monitorizaranse “todos os indicadores de cara a tomar as decisións que consideremos pertinentes”.

 

Back to top button