
Na reunión que mantiña esta mañá o subcomité clínico que fai seguimento da evolución do Covid-19 en Galicia aprobáse un protocolo de prevención do coronavirus nos cemiterios da comunidade ante a inminencia da festividade de Todos os Santos e Defuntos.
A decisión tomábase “tendo en conta que este xornada conleva a agrupación nos cemiterios de persoas nun curto período de tempo, moitas delas vulnerables, o desprazamento entre localidades e o consecuente encontro de unidades familiares de distintos ámbitos territoriais, polo que é necesario establecer unha serie de recomendacións que minimicen o risco de transmisión”, segundo informa a Consellería de Sanidade.
Así, segundo o protocolo, respecto das medidas de protección persoal, “evitarase o contacto físico e hai que cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal. Ademais, cumpriranse as medidas de agrupacións de persoas establecidas polas autoridades sanitarias para o global de Galicia e aquelas especificas nos ámbitos territoriais nos que a evolución da pandemia está a facer necesario instaurar medidas máis restritivas”, indica Sanidade.
Ademais, o protocolo lembra a normativa vixente en canto ao uso obrigatorio da máscara cirúrxica/hixiénica e sinala a importancia dunha adecuada hixiene de mans e respiratoria.
En canto ás medidas organizativas, ampliarase os horarios de apertura coa fin de espaciar as visitas e evitar as aglomeracións, establecerase un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes; e a duración das visitas non deberá superar os 30 minutos.
Ademais, organizarase a circulación de persoas dentro do cemiterio establecendo circuítos diferenciados de entrada e saída do mesmo.
O protocolo tamén establece medidas de limpeza e desinfección de superficies, aseos, etc, e medidas de información, mediante o emprego de cartelería situada en lugares estratéxicos (entrada dos recintos, lugares de maior tránsito, aseos, etc.).
Este protocolo pode consultarse aquí: