ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Santa Rita percorre as rúas do Barco sorteando a chuvia

 

No seu día grande, este 22 de maio, a imaxe Santa Rita volvía percorrer as rúas do Barco, pero nunha procesión que acurtaba o seu traxecto habitual por mor da chuvia. Así ás 12h. a imaxe da santa saía da igrexa que leva o seu nome, acompañada pola música da Banda de Gaitas da Veiga, e precedida por outra figura máis pequena, portada por nenas. Despois de deixar a praza do Príncipe, a procesión continuaba pola rúa España, seguindo por Eloy Rodríguez Barrios, para logo entrar na rúa Balorca e volver ao templo.

 

 

Numerosas persoas, portando rosas de diferentes cores, acompañaban a Santa Rita nunha multitudinaria procesión á que daba paso á misa, coa presenza de cinco sacedortes, entre eles o párroco do Barco, Jesús Fernández, e o arcipreste de Galicia na Diócese de Astorga, Juan José Prieto. Esta celebración relixilsa completaba o programa de misas que se desenvolvía dende as oito da mañá.

 

 

Fotos e vídeos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button