SanidadeÚltima hora

Santiago Camba: “O Hospital de Valdeorras ten 2 pediatras que están a reforzar a atención no Centro de Saúde do Barco”

O xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco asegura que durante as vacacións virá outro profesional a reforzar as tardes no citado Centro de Saúde

 

Sobre a situación da pediatría no Centro de Saúde do Barco falaba o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Santiago Camba, na visita que realizaba o 3 de xullo á Rúa. Explicaba que o Hospital Público Valdeorras dispón de dous pediatras cos que se está a reforzar a atención no Centro de Saúde do Barco, que nestes momentos conta cun único especialista en pediatría. Así mesmo, comentaba que durante as vacacións virá outro profesional a reforzar polas tardes a atención no Centro de Saúde.

Por outra banda, Camba comentaba que polo de agora “non hai substituto” para este pediatra de primaria do centro de saúde barquense, que se xubilará en outubro. “Hai un proceso de selección e esperemos que estas prazas se poidan cubrir, e isto xa non depende de nós, senón da vontade de vir dos propios pediatras. Pero, na pediatría do Barco non hai nestes momentos problemas, nin na pediatría nin no hospital coa dotación que ten”.

 

 

Camba incidía así mesmo que “nós o que queremos é fidelizar aos profesionais e que se manteñan, traballando a gusto. Hoxe a oferta é menor que a demanda e moitas veces teñen lugares máis atractivos que O Barco para escoller ou que a propia provincia de Ourense. En pediatría, e sobre todo en Primaria, o problema está en toda España, derivado dunha planificación defectuosa das prazas MIR e agora estamos pagando as consecuencias”, concluía Camba.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button