
Durante a súa visita a Vadeorras neste venres, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, anunciaba que se está a ultimar un novo plan do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto para restauración e reforestación dos bosques afectados polos devastadores incendios forestais que sufría a provincia de Ourense o pasado verán.
“Hai un novo plan do ministerio, cun investimento moi potente para restaurar e reforestar todos eses bosques de todas as zonas afectadas tanto das comarcas de Valdeorras, como de Terras de Trives, como tamén na de Monterrei. Iso xa está practicamente en marcha, pero falaremos en canto esteamos en disposición de dar os datos, pero son obras de emerxencia que está impulsando o Ministerio de Transición Ecolóxica”, dicía Eladio Santos.
Ao mesmo tempo, lembraba que dende o 9 de setembro “está en marcha o plan de choque do Ministerio de Transición Ecolóxica en todas as zonas afectadas, na comarca de Valdeorras, Oímbra e do Ribeiro para protexer as escorrentías e protexer os cauces”.