OurenseÚltima hora

Sarabela Teatro e NegroLópez, finalistas nos Premios de Teatro María Casares

As dúas compañías ourensás compiten en categorías de texto e espectáculo infantil. Ademais, o actor Fran Lareu, con profundas raíces en Ourense, opta a dous premios individuais

 

Ourense ten presenza propia na 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares, e non só a través das súas compañías. A cidade e a provincia están representadas este ano tanto no palco institucional como no individual, con nomes que forman parte da historia recente do teatro galego.

 

 

Sarabela Teatro, unha das compañías de referencia da escena ourensá, compite polo premio á mellor adaptación-tradución con A metamorfose, na que Carlos Álvarez-Ossorio asina a versión. NegroLópez, pola súa banda, opta ao mellor espectáculo infantil con #Influencers.

 

 

Pero se hai un nome que conecta de xeito especial esta edición con Ourense, ese é o do actor Fran Lareu. Nacido en Lalín e con anos de traxectoria artística en Ourense, Lareu é finalista en dúas categorías distintas: ao mellor actor protagonista por Un tal Romeo, de aRamboia, e ao mellor actor secundario por Reconversión, de Ibuprofeno Teatro. Dúas candidaturas en dúas compañías diferentes que o sitúan como un dos intérpretes máis destacados desta trixésima edición.

CANDIDATURAS

SARABELA TEATRO: A METAMORFOSE (1)
Mellor adaptación-tradución: Carlos Álvarez-Ossorio

NEGROLÓPEZ: #INFLUENCERS (1)
Mellor espectáculo infantil

FRAN LAREU (2)
Mellor actor protagonista: Un tal Romeo (aRamboia)
Mellor actor secundario: Reconversión (Ibuprofeno Teatro)

A gala da 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares celebrarase o mércores 8 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Back to top button