ConcellosO BarcoÚltima hora

Sardiñada de San Xoán na localidade barquense da Proba

 

Tamén na Proba, no concello do Barco de Valdeorras, celebran o San Xoán. Na tarde-noite do sábado 28 de xuño, unhas 107 persoas asistían á animada sardiñada organizada un ano máis pola Asociación de Veciños As Cancelas que xa está preparando a festa do 14 o 17 de agosto.

Malia o calor, os asistentes degustaban unha esquisita cea a base de sardiñas e tamén panceta á grella.

 

 

Fotos: Sandra García.

Back to top button