ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Sardiñada de San Xoán para as amas de casa do Barco, no Chao

 

Acércase o día de San Xoán (24 de xuño) e comezan a tradicionais sardiñadas para conmemorar a data. As primeiras, como cada ano, eran as amas de casa do Barco que na tarde deste xoves 19 de xuño, antes de que rematen os cursos e vaian de excursión, celebraban a súa tradicional merenda no Chao.

 

 

Colocadas en círculo no exterior do local social, as asistentes daban boa conta das sardiñas recén asadas á grella e tamén da sangría recén feita. De postre, froita e bica.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button