CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Seika e The Black Wings, a nota de metal e hard rock na noite do venres no Barco

 

Moita e moi variada é a oferta musical do programa das Festas do Cristo do Barco, con actuacións de todos os estilos e para todos os gustos.

 

 

Na apertura do programa, na noite do venres 12 de setembro, era a quenda para o público máis novo cun dobre concerto de grupos locais que actuaban na praza Lauro Olmo.

 

 

O primeiro eran Seika, grupo con novo guitarrista que se move principalmente dentro do metal e diferentes vertentes do xénero. De recente creación, a banda leva pouco percorrido pero é pura enerxía e planea seguir aprendendo e actuando, traballando tamén nunha maqueta.

 

 

O segundo concerto era o dos veteranos The Black Wings, que tras un parón decidían reactivar a banda no ano 2024 con proxección e aspiración internacional. Caracterízase polo seu hard rock clásico, con influencia de bandas de referencia a nivel mundial como Guns N’ Roses, ACDC ou Mötorhead.

 

 

No campo da festa, en sesión única de 23 a 2 hora actuaba o grupo Cañón.

Fotos: Ángeles Rodríguez e cedidas.
Vídeos cedidos.

Back to top button