ConcellosQuirogaÚltima hora

Seis feridos, entre eles dous menores, tras unha colisión entre 2 vehículos na N-120, en Quiroga

 

Contra as catro desta tarde rexistrábase un accidente de tráfico na estrada N-120 en Vilanuide, no municipio lucense de Quiroga. Producíase unha colisión entre 2 vehículos. “Como consecuencia do impacto, os ocupantes de ambos os dous vehículos quedaron atrapados e mesmo necesitaron a axuda dos bombeiros para saír. No turismo ían cinco persoas, mentres que na furgoneta só unha. Sen embargo, todas necesitaron asistencia médica e axuda dos equipos de rescate”, tal e como indica o 112 Galicia.

En total, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atenderon ás seis persoas, entre elas, dous menores, segundo a información achegada polo 112 Galicia.

A maiores do equipo médico, ao lugar dos feitos acudiron de inmediato os membros do Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras e os bombeiros do parque comarcal de Valdeorras, así como os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Fotos: GES Valdeorras.

Back to top button