CulturaCulturaÚltima hora

Seis mulleres vencelladas ao monte en Valdeorras, protagonizan no Barco a IV edición de ‘Cine e Muller Rura’

 

Mariví, Cristina, Antonia, Eliska, Patricia e Ana. Son as seis mulleres que viven e traballan no monte, en Valdeorras, convidadas polo Concello do Barco para participar no coloquio da IV edición de ‘Cine e Muller Rural’ que se  celebraba na noite do xoves 20 de novembro no Teatro Lauro Olmo.

O evento comezaba coa proxección do filme El Rugir de las llamas de Robin Petré, gravado en Galicia entre os anos 2020 e 2022, incluíndo os lumes forestais daquel ano na zona de Verín. Preséntase como unha viaxe inmersiva e visualmente impactante ao sul de Galicia durante un dos veráns máis calurosos xamais rexistrados, no que humans e animais loitan por sobrevivir. Cunha duración de 90 minutos, estreouse en España este outono despois de pasar polo Festival de Berlín e DOCSBarcelona, entre outros.

 

 

E trala proxección tiña lugar un coloquio coas seis mulleres que viven en Valdeorras e teñen traballos e actividades profesionais ou comunitarias relacionados co monte: Mariví Carballo (O Barco), bombeira forestal; Cristina Gómez (A Rúa), gandeira; Eliska Fárková (O Seixo, O Bolo), agricultora; Antonia Franco (O Porto, Rubiá), apicultora;  Patricia Vila (Cernego, Vilamartín), comuneira de montes; e Ana Bartolomé (Xagoaza, O Barco), enóloga e viticultora.

Durante o coloquio, moderado pola comunicadora Cristina de la Torre, tanto as protagonistas como o público degustaron viños elaborados por mulleres destacando o carácter celebratorio da xornada, enmarcada no recoñecemento da Muller Rural.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button