OurenseÚltima hora

Seis persoas resultan feridas nun accidente de tráfico na N-525 en Coles

 

A primeira hora desta tarde de 23 de decembro producíase un accidente de tráfico na N-525, no quilómetro aproximado 246, ao seu paso pola parroquia de Gustei, en Coles. Nel víanse implicados dous vehículos. “Daban as 14 horas cando diversos particulares contactaban co 112 Galicia para informar do sinistro. No seu relato, indicaban que dentro dos vehículos había persoas que precisaban asistencia sanitaria e poderían estar atrapadas”, segundo informa o 112 Galicia.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño, aos membros do GES de O Pereiro de Aguiar, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Coles.

Con todo, aínda que finalmente non foi necesario excarcerar a ningún ocupante dos vehículos, seis persoas tiveron que ser trasladadas, “dúas de elas feridas de gravidade e outras catro feridas leves, ao centro hospitalario de referencia”, segundo os datos do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button