Nova semana de premios para os alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense, que leva a cabo unha educación en valores dende hai anos. Sara Ramos Costa e Elena Bermejo Yebra recollían en Santiago de Compostela xunto ao profesor Gonzalo Sánchez os seus galardóns de finalistas na 43ª edición do concurso escolar “Que é un Rey para ti”.
Por outra banda, na Semana Ambiental os Ecovixiantes recibían en Santiago de Compostela o 2º Premio na V Liga Escolar de Recollida de Pilas Usadas Pilabot, tras un reñido man a man co Colexio de Cenlle que levaba o 1º Premio, nun divertido acto no Mupega onde asistiu a conselleira de Medio Ambiente e Cambio climático, Ángeles Vázquez.
Xa en Ourense Ecovixiantes de Franciscanas realizaban unha campaña de animación á lectura cunha liberación de libros (bookcrossing) no centro comercial, ademais de clasificar tapóns para deixalos no ‘Corazón solidario de Barbadás’.
Fotos cedidas.
