A segunda xornada do I Festival da Lonxevidade de San Xoán de Río resultaba moi especial e emotiva. O Concello rendíalle unha especial homenaxe aos “Médicos/as con arraigo en San Xoán de Río”, nun acto no que se xuntaban boa parte deles na igrexa parroquial.
Era un recoñecemento a 59 facultativos do municipio que “ao longo de décadas fixeron posible unha vida longa, activa e digna dos nosos maiores”. Era o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez, quen abría o acto dirixindo unhas palabras aos asistentes, despois interviña o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, que ademais é médico.

A continuación facíase entrega dunha serie de distincións conmemorativas aos profesionais da Medicina, así como un agasallo simbólico, detalle este último que viña da man da Farmacia Paz de Trives, con más de 141 años de historia desde a súa fundación en 1884: as herbas para elaborar o Chartreux. Esta farmacia custodia un legado “tan misterioso como embriagador: as herbas de Chartreux, un licor artesanal que evoca a alquimia dos antigos monxes cartuxos”, tal e como explicaba o alcalde de San Xoán de Río, que tamén achegaba as instrucións para obter este licor.
Tamén interviñan varios médicos, entre eles o presidente de Asomega e neumólogo trivés, Julio Ancochea, e o doutor Ovidio Fernández, natural de Río, ofrecía unha ponencia sobre envellecemento e lonxevidade no medio rural.
O peche do acto corría a cargo do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, tamén médico.
No decurso desta homenaxe actuaba ademais o grupo tradicional “Queixumes dos Pinos”.
Fotos: Carlos G. Hervella.


