CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Sentida homenaxe musical de Son do Sil ao seus compañeiros falecidos, na Igrexa de Sta. Rita (O Barco)

 

Da mellor forma posible. Facendo o que mellor se lles dá e o que os reúne durante horas, en ensaios, actuacións e ceas. Cantando Son do Sil homenaxeaba, na tarde deste mércores 17 de decembro, aos seus compoñentes falecidos, dous deles neste mesmo ano.

Facíao durante a misa das sete, na Igrexa de Santa Rita (O Barco de Valdeorras) interpretando temas relixiosos e tamén algunhas das cancións do seu repertorio ás que deron voz en vida os seus compañeiros falecidos, aos que citaba o párroco, Jesús Álvarez. José Ares González (Tito), José Fernández González (Pepe de Valdegodos), José Ramos Vila (Pepe Taxista), Antonio Prada Salvador (Tonito Tornero), José Iglesias Seara (Pepe Seara) e Armando Fernández Ramos (Armando).

Foi un bonito acto ao que acudían membros que facía tempo non se via actuando como Iván Estévez ou Moisés Blanco, que serviu de lembranza e agradecemento a estes homes que formaron parte da agrupación musical que representa a toda unha xeración.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button