Organizados pola Fundación Vicente Risco en colaboración coa Fundación Curros Enríquez e o Liceo de Ourense, e patrocinados pola Deputación de Ourense, os sábados 22 e 29 de novembro celebraranse os seráns litararios.
O primeiro, terá lugar no Liceo ás 21h. e correrá a cargo de TRI-CO-LOMA con “O Patio dos Poetas” en homenaxe aos poetas celanovenses; e Alecrin Teatro de Favaios, con “Noutros tempos”, recolla de poesía portuguesa.
O segundo serán litario, previsto para o 29 ás 20h. terá lugar na Quinta do Paço, Vila Real (Portugal), a cargo do grupo TRI-CO-LOMA que respresentará “O Lobo de Xente”, baseada na obra da literatura popular galega recollida por Vicente Risco en 1920 e publicada na editorial LAR en 1925. Os asistentes ao serán recibirán unha edición do popular conto de Vicente Risco, editado pola Fundación Vicente Risco, que inclúe catro páxinas que se conservan do orixinal manuscrito por don Vicente.
Máis información sobre o programa do 29 de novembro na web da fundacion: www.fundacionvicenterisco.com