
Segue a programación cultural de verán no restaurante Las Vegas. A terraza deste establecemento de San Clodio, en Ribas de Sil, acolle unha interesante sesión musical para amenizar o vermú do domingo 12 de xullo. Será ás 13 horas con música en directo da man do dúo pontevedrés Maheloc, formado polo cantante e poli-instrumentista Iván Rodríguez e o guitarrista, ademais de voces, Víctor Movilla. Xuntos realizan unha viaxe pola música de diferentes estilos e épocas co obxectivo de facer gozar ao público a través da memoria sonora de grandes clásicos como Soldadito Marinero, No puedo vivir sin ti, Princesa, Detrás de la barra, Carmen,…
A terraza de Las Vegas organiza dende hai varios anos un programa de música en vivo e festas para ofrecerlle á súa clientela nun espazo que é referente na contorna para desconectar e disfrutar en boa compañía e á fresca. A xerente, Elena Losada, anima a asistir e lembra que as vindeiras actuacións serán o sábado 18 e o domingo 25, días que actuarán, respectivamente, os grupos Baixo Zero e Dinosaurios.
