ConcellosÚltima horaVilamartín

Sesión vermú con música e mercadiño nas Festas de San Xurxo, en Vilamartín

 

Fin de semana de festa en Vilamartín de Valdeorras.  As festas patronais na honra a San Xurxo comezaban o xoves 23 de abril aínda que é a xornada deste sábado 25, a máis completa en canto a actividades.

En horario de mañá houbo pasarrúas con Os Charangaiteiros e unha nova edición do mercadiño “Recicl’arte” na praza do pobo, con sesión vermú a cargo da charanga e postos de artesanía, produtos típicos e de segunda man, doces,… Pola tarde terán un bingo popular, as dúas cousas organizadas pola ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino que tamén tiña un posto.

 

 

Pola tarde o grupo Claxxon regresará á localidade con dous pases (21:30 e 01 horas) coa discomóbil Opium entre medias e ao finalizar.

Para despedir o San Xurxo 2026 , o domingo día 26 contará de novo coa Charanga Río Leira pola mañá. Tras a misa e a sesión vermú as 13 horas, a festa rematará cunha pancetada popular e “tardeo” amenizado polo Dj Repunante a partir das 18 horas.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button